10.4.14

Esta sección xa lle notificou á empresa que consideraba abusivas as cartas de seguemento entregadas en ING. Xa se demostrou en reiteradas ocasións nos xulgados que non procede o despedimento disciplinario por non alcanzar obxectivos de vendas: é lóxico, unha venda depende de moitos factores, e non só da disposición dos/das axentes. Non ten sentido, por tanto, presionar ós/ás traballadores/as para o ofrecemento. Deberíanse preocupar por insistir en formación de xestión de chamadas difíciles ou técnicas de venda en vez de gastar papel e tinta notificando uns ratios que carecen de obxectividade. Por outra banda, tivemos coñecemento de que non se cobraron os incentivos na nómina. A empresa asegúralle a esta sección que serán cobrados na complementaria. Claro que non deron ningunha explicación ó respecto. Estaremos pendentes... a pesar de que o que todos/as debemos reclamar é maior salario e non un caramelo que a empresa pode quitar cando queira. Seguirémosvos informando!

Sem comentários: