4.4.14

CONFLITO COLECTIVO: PAUSAS PVD



Unísono, pese ás nosas recomendacións e ás de Inspección segue nas súas trece. Como sabedes, unha vez instauran o programa WFM, deciden reinterpretar o Convenio ó seu antollo. O artigo 54 do Convenio, relativo ás pausas PVD di o seguinte:

Ademais dos descansos sinalados no artigo 25 deste Convenio, e sen que sexan acumulativas a estes, e tamén coa consideración de tempo efectivo de traballo, o persoal de operacións que desenvolva a súa actividade en pantallas de visualización de datos, terá unha pausa de cinco minutos por cada hora de traballo efectivo. As devanditas pausas non serán acumulativas entre si.
Corresponderá ao empresario a distribución e forma de levar a cabo as devanditas pausas, organizándoas de modo lóxico e racional en función das necesidades do servizo, sen que tales pausas poidan demorar, nin adiantar, o seu inicio máis de 15 minutos respecto a cando cumpran as horas fixadas para a súa execución.”

- Mentres nós interpretamos que Unísono non pode poñernos dúas pausas PVD con máis dunha hora de diferencia, eles interpretan que pode transcorrer hora e vinte.

- Mentres nós interpretamos que os 15 minutos forman parte da autonomía do traballador/a, Unísono considera que son competencia unicamente súa.

- Mentres eles aproveitan para poñernos o último descanso a menos cinco (para que o perdamos), nós insistimos en que o teñen que poñer ás menos vinte, como moi tarde (para que exista realmente esa marxe dos 15 minutos da que fala o Convenio). 

Posto que a denuncia que interpuxemos en Inspección de Traballo non deu os froitos que agardabamos (porque non teñen potestade para interpretar a lexislación), a sección da CIG decidiu interpoñer CONFLITO COLECTIVO ante o xulgado. Será un xuíz ou xuíza quen determine quen ten a razón ante estas cuestións que plantexamos, porque a empresa non ten vontade ningunha de negociar (pese ós nosos reiterados intentos). Seredes as primeiras e os primeiros en coñecer o resultado!!

Sem comentários: