10.4.14

BOLSA DE HORAS

Comunicado entregado no centro de traballo. Se non tes a túa copia, pídella a calquera delegado/a da CIG. Non esquezas anotar todos os minutos que a empresa nos rouba!! A nosa sección fará todo o necesario para correxir esta situación que nalgúns casos é absolutamente inaceptable: segundo nos notifican, téñense dado casos de compañeiras/os en ING que marchan á súa casa unha hora máis tarde do previsto!!. Sabemos que o cliente que chama ó servizo de atención ó cliente non é o/a culpable e por iso tampouco queremos alentar a tomar a xustiza pola man, aínda que segundo se comporte a empresa non é algo que descartemos no futuro.

Sem comentários: