15.3.14

Artigo 17 para todo o persoal temporal de GolTV

Todas e cada unha das medidas tomadas por Unísono en Vigo dende hai 2 anos, tiveron coma obxectivo desfacerse do persoal indefinido, substituíndo este por persoal con contratos temporais cada vez máis precarios.


A empresa comunicounos o pasado venres un artigo 17 para todo o persoal con contrato temporal da campaña de GolTV, 9 persoas.
O resto de traballadores e traballadoras que quedan nesta campaña teñen contrato indefinido e levan de media 7 anos de antigüidade na empresa. Moitos destes contratos foron transformados en indefinidos por estar en Fraude de Lei.
Unísono, no seu escrito de comunicación do artigo 17 para GolTV, di que en total sobra a metade do persoal, sobre 55 persoas (1.955 horas). Legalmente só pode despedir a 9 persoas, pero o que lle gustaría facer sabémolo todos e todas. Despois de 2 ERE's nos centros de Vigo, as manobras da Dirección cheiran de lonxe.
Unísono agrupa a maior parte do persoal indefinido nunha campaña estacional: GolTV.
Nas campañas máis estables, coma en ING, mantén persoal con contrato por obra, realiza novos contratos eventuais polo medre do número de chamadas, e pretende chegar a facer 20 contratos máis de formación (contrato inventado polo PP, mediante o que ao persoal lle pagan só o 66% do salario e teñen a cota da Seguridade Social bonificada).
Que pretende Unísono? Quere convencer a alguén da necesidade de tomar novas medidas?
Señores de Unísono: xa está ben de castigar permanentemente aos centros de traballo de Vigo. Traian campañas estables coma as que manteñen no resto de centros!
Ante esta situación, xa nos temos dirixido a Dirección de Unísono en Madrid para emprazala a abrir unha negociación que dote de estabilidade aos centros de Vigo. Estamos porque se recoloque ao persoal indefinido en postos nos que se garanta a súa estabilidade.
Xa está ben de despedir aquí e levar o traballo estable a outros lados!!!
Vigo, 14 de marzo de 2014

Sem comentários: