15.4.14

calendario electoral

Hoxe constituiuse a mesa electoral. As eleccións serán o próximo 19 de maio.

IMPORTANTE: temos só desde mañá e ata o 21 de abril para que revisemos se os nosos datos están correctos no censo que dá a empresa. É fundamental que o revisemos todos/as nós e que reclamemos aqueles erros que detectemos para que non teñamos ningún problema á hora de ir votar.

A CIG foi a única sección que pediu ampliar este prazo que considerabamos o máis importante, tendo en conta que hai moitos festivos polo medio... As restantes seccións preferiron non ampliar os cincos días naturais ós que están obrigados/as por lei para ter máis tempo para emitir a propaganda electoral. NÓS PENSAMOS QUE A PROPAGANDA XA ESTÁ FEITA CO TRABALLO QUE DESENVOLVEMOS NOS ÚLTIMOS CATRO ANOS, CO ESFORZO, COA DEDICACIÓN CONSTANTE E COA NOSA CONTINUA ANSIA DE SUPERACIÓN...

Velaí o calendario que decidiu a mesa:

15 abril - constitución mesa electoral
do 16 ó 21 de abril- exposición do censo e reclamacións
22 de abril- resolución de reclamacións, ás 12.00h
23 de abril- publicación definitiva do censo
24 de abril ó 2 de maio- presentación das cadidaturas
6 de maio- proclamación provisional das candidaturas
7 de maio - presentación de reclamacións
8 de maio - resolución de reclamacións
9 de maio - proclamación definitiva das candidaturas
10 de maio ó 17 de maio - propaganda electoral
18 de maio - día de reflexión 19 de maio - VOTACIÓN.

Sem comentários: