FORMACIÓN. Todos os meses aportas a través da túa nómina un cantidade destinada para formación, por iso é moi importante que aproveites a oportunidade, tanto de realizar os cursos que oferta a empresa como de influír nas enquisas para conseguir os cursos que che interesan. Do contrario, o único beneficiario do Plan é Unísono, que recibe as subvencións destinadas para este fin. A sección da CIG, despois de analizar a documen-tación que aporta a empresa considera que este Plan de Formación 2014 é escaso e pouco orientado á nosa realidade laboral (practicamente ningún curso de técnicas de venda e ningún de lingua catalá, pese á nova apertura de Unísono en Barcelona baixo o argumento de que “os clientes piden catalán”). Fixémoslles saber todas as nosas queixas á empresa, incluído a necesidade de informar en detalle do proceso de oferta e selección ós/ás axentes. Posto que cremos que a participación nos centros de Unísono Vigo non é elevada, a sección da CIG quere pararse a informarvos do procedemento que se segue.
Todos os anos, Unísono presenta un Plan de Formación, no cal, despois dunha enquisa previa non necesariamente vinculante, oferta unha serie de accións formativas para todo o cadro de persoal. Tés que saber, que independentemente da túa xornada laboral, e da modalidade na que se imparta o curso no que esteas interesado/a, tés dereito a inscribirte e ser seleccionado/a. Para garantir a túa praza no curso desexado deberás realizar ti mesmo/a a preinscrición, incluso se non está publicada aínda a convocatoria oficial.
Para esa preinscrición tés que enviar un correo ó Departamento de Formación (formación.rrhh@unisono.es) indicando no asunto o nome do curso precedido da palabra “preinscrición”, e no texto, indicar os teus datos persoais (Nome, apelidos, DNI, teléfono, email, centro de traballo, campaña actual e quenda).
Toda esta información envíase de xeito periódico, en documento adxunto á túa nómina. Consulta as túas dúbidas e apúntate!
Sem comentários:
Enviar um comentário