6.2.14

HABEMUS DELEGADUS1

ING, esa campaña inexpugnable para este humilde gremio que conformamos os sindicalistas, fíxose de rogar... pero CONSEGUÍMOLO!! A sección da CIG ten novo delegado en ING: desde este mes de decembro, Carlos Mosquera é o noso (e voso) novo Representante Sindical. Podedes atopalo na quenda de mañá (ata as 14:00). Para nós é importante ter delegados/as en todas as campañas porque para poder facer fronte a calquera problema que poida xurdir dentro das mesmas é imprescindible coñecelas moi ben... e a única maneira de facelo é in situ, traballando, sufrindo o que sofre o compañeiro/a.

Enfrontamos, pois, este ano que comeza con máis forza que nunca e agardamos que UNÍSONO non abuse das compañeiros/as de ING que están dando tan bo resultado. Seguiremos insistindo na creación dunha bolsa de horas para que recuperedes o tempo extra que dedicades cando se prolongan as chamadas e faremos todo o posible para que a xestión das quendas, de vacacións ou de días de libranza, sexa equilibrada.

Sem comentários: