6.2.14

Economía para dommies. A subida salarial que baixa

Tras 5 anos de crise, imos analizar a nosa situación económica para ver de que maneira  afectou ó noso poder adquisitivo. Para confirmalo, tomaremos como ano de referencia o 2010, data na que finaliza a primeira recesión no estado español. Para empezar imos lembrar o acordo sobre o incremento salarial que se asinou  no  convenio colectivo que supostamente nos ampara:

Para os anos 2011 e 2012 todos os conceptos salariais incrementáronse nun 0,5% (cada ano), para o 2013 o incremento e dun 0,6%  e para o 2014 será dun 0,7%. E que quere dicir isto? Moi sinxelo: se no 2010 o noso salario bruto era de 1000€ (por poñer un exemplo), no 2013 seria de 16 euros máis. ¿Significa isto que medrou o noso poder adquisitivo con respecto ó 2011? NON. Para poder entender esta cuestión, sérvenos de axuda coñecer o IPC destes últimos anos, pero...  que é o IPC?

O IPC, ou índice de prezos o consumo é a ferramenta que se utiliza no estado para medir a inflación, e dicir, a variación dos prezos. Está elaborado polo Instituto Nacional de Estatística (INE) dende o 1961.

O IPC é unha media do prezo das cousas que mercamos. Para acadar esta media, o que se fai e darlle un “peso” a cada unha das compras en función do diñeiro que gastamos cada familia como media. Se gastamos máis cartos na compra de alimentos frescos, o seu peso no índice será maior. Esta información recádase mediante unha enquisa, realizada a moitas familias de diferentes extractos sociais e a diferentes establecementos comerciais (súper mercados grandes almacéns...), para despois  deducir o prezo medio de cada un destes produtos. Os datos fanse tanto a nivel estatal como autonómico e estes serian os da táboa.

É importarte ter en conta que canto maior sexa a porcentaxe do índice, menor será o noso poder adquisitivo. Tendo en conta estes datos e regresando á pregunta inicial, imos ver como cambiou o noso poder adquisitivo neste anos:
Perdemos poder adquisitivo nun  4.1%: se  a nosa nómina era de 1000€ no 2010, agora cobraremos aproximadamente uns 1016€, pero realmente so poderemos mercar o mesmo que mercabamos con 961.53€ no 2010, grazas á “inestimable” xestión do goberno central en medidas laborais e económicas coas cales “incentiva a creación de emprego e o consumo”.

Sería interesante destacar que se ben é certo que o último dato nacional do IPC (o máis baixo dende a creación da serie), é moi bo desde o punto de vista do consumo, tamén é certo que este non é a causa de unha gran xestión en medidas económicas, se non por mor da baixada da demanda dos produtos consumidos, a causa da perda de poder adquisitivo producida (incremento do IVE, incrementos salariais por debaixo do IPC e destrución de emprego). Por outra parte, esta situación é temporal, dado que é moi probable que en canto se recupere a demanda, este índice volte aumentar, pero como din en Conan, iso xa e outra Historia...

Sem comentários: