13.1.14

Temos coñecemento de que a empresa está ofrecendo cambios voluntarios para traballar o fin de semana (e librar outros dous días da semana) na campaña de GOLTV. Nalgúns casos excedendo o que recomenda o convenio (librar canto menos dous fins de semana). A sección da CIG recomenda non aceptar ese cambio porque á costa da nosa saúde (os descansos son moi importantes, e resulta unha carga mental traballar ata nove días seguidos, como acontece habitualmente) están preparando o camiño para aplicar o derradeiro artigo 17 de GOLTV e finiquitar ós compañeiros/as do fin de semana. Polo mantemento do emprego! Polo mantemento da nosa saúde!

Sem comentários: