18.12.13

MODIFICACIÓN SUBSTANCIAL: inxustificada

Como sabedes Unísono presenta unha modificación substancial a 26 compañeiros/as de GOLTV da quenda da mañá consistente nun cambio de quenda. Grazas a que comunicaron esta medida diante de Inspección, acordouse manter tres reunións nas que negociariamos casos puntuais de mellora e nas que a empresa debía acreditar a medida.

Despois de manter dúas reunións podemos comunicarvos que esta sección continúa vendo a medida INXUSTIFICADA. A empresa aporta documentación incoherente que serve para demostrar, unha vez máis cal é a verdadeira intención de Unísono (si, a de sempre, despedir).

Conseguimos durante este período escasas melloras e todas puntuais. Logramos que persoas afectadas, que manifestaban unha situación de particular gravidade, fosen excluídas sen que por iso se afectase a ningunha outra persoa (a través de voluntarios/as, por exemplo). Sen embargo, seguimos sen lograr o fundamentalmente importante: que Unísono decida traer carga de traballo a Vigo.

A Unísono compénsalle aplicar esta medida no mesmo momento no que saben que se van librar dunha presa de indefinidos. A sección da CIG, á espera da última reunión con Inspección de Traballo, segue analizando documentación e distintas posibilidades. Unha vez mantida esa reunión faremos unha valoración final que vos será aportada.


Es afectado/a? Sabes como proceder?

Trátase dunha medida individual. Nesa medida comunícaseche que en quince días tes que aceptar outro turno diferente ó que tes. No caso de que non asumas ese cambio, estás obrigado/a por lei a optar por unha indemnización de 20 días por ano traballado con forma de autodespido.

Para poder denunciar a medida (e esta sección considera que hai base para facelo) é necesario asumir o cambio de turno. Esa demanda tense que interpor en 20 días desde a comunicación da medida.

Unha vez resolta no xulgado esa demanda, pódense dar dous supostos:

a. Que a medida resulte inxustificada e o/a traballador/a recupere o seu turno habitual.

b. Que a medida resulte xustificada e se abra un novo período de quince días no que o/a traballador/a pode escoller entre un despido con indemnización de 20 días por ano.

Se tes dúbidas, consúltanos!

Sem comentários: