Esiximos o cese do acoso laboral ó que nos somete Unísono
Mari Cruz e Claudia eran traballadoras exemplares de Unísono que viñan prestando os seus servizos para a empresa desde hai oito e seis anos respectivamente. Xustamente ó remate do periodo de ERTE estas compañeiras recibiron unha carta de despido totalmente inxustificada.
Para estas traballadoras é vital conservar o seu posto de emprego e, posto que esta sección vía que non había motivo algún que lexitimase ese despido, decidimos, ademais de reclamar o seu despido pola vía xudicial, falar inmediatamente co responsable de recursos humanos, co responsable de relacións laborais e co director do centro de Vigo. Estas conversas que se prolongaron ata o día de hoxe non serviron para xustificar o despido, se non para darnos a razón para seguir pelexando pola súa READMISIÓN.
A empresa chega a recoñecer a improcedencia do mesmo pero aínda así reafírmase na súa decisión. Por ese motivo volverémonos concentrar diante da empresa o próximo venres 17, de 15:00 a 16:00. Agardamos que Unísono recapacite no acto de conciliación que está previsto para o próximo luns 20.
Lamentablemente as leis están deseñadas para o uso e disfrute dos empresarios. É por iso que onde non chegue a forza da xurisprudencia, a temos que facer chegar nós, a través da loita constante nas rúas e nas empresas, ata lograr a forza necesaria para derrubar este sistema corrupto, que nos fai ser escravos con conciencia de persoas libres.
Todos/as somos Claudia e Mari Cruz, porque todos/as somos traballadores/as. Se nos tocan a un, tócannos a todos/as. Participa nos teus descansos e fóra do teu turno das concentracións!
Sem comentários:
Enviar um comentário