4.10.13

Mobilizacións en Bosch

Hoxe a CIG convocou concentracións diante de Bosch, en Gran Vía. Aproveitándose da finalización de Jazztel a súa empresa despide e incluso instaura cláusulas de rendemento totalmente abusivas: se non cumpren o mínimo que unilateralmente pacta a empresa, están na rúa coma se fose unha baixa voluntaria, sen indemnización. Desde a sección da CIG en Unísono enviámoslle forza ás compañeiras na súa loita, e transmitímoslle toda a nosa solidariedade. NINGÚN DESPIDO SEN RESPOSTA!!

http://cigbosch.blogspot.com.es/

Sem comentários: