15.10.13
JOSE MARÍA RETURNS
O xa non director de R.H. quere FÓRAS DE BANDA.
A CIG pide estabilidade no emprego e cuestións laborais básicas
Unísono compórtase como unha auténtica máquina de aniquilar. Non se respetan as preferencias horarias, as peticións de cambio de quenda evapóranse, os litixios pola concesión de festivos e vacacións son constantes, a nova instauración de WFM só xenera queixas... e o máis grave: SEGUE SEN GARANTIRSE UN FUTURO LABORAL PARA AS AFECTADAS DO ERTE E DA BOLSA DE TRABALLO.
Por estes motivos o conxunto do Comité decidiu non asinar máis FÓRAS DE BANDA: non podemos permitir que as nosas condicións laborais empeoren e que os delegados/as sexamos cómplices permitíndolle á empresa mangonear ós seus traballadores/as como lle dea a gana. Só no mes de setembro asináronse 132 fóras de banda (para que establezades unha comparativa: no mesmo mes o ano pasado só se asinaron 40), a súa grande maioría a petición da empresa e coa alongada sombra da dúbida de se son realmente voluntarios.
Agora, a Empresa, ademais, interpreta que os Fóras de Banda son indefinidos (a non ser que teñan data de inicio e de fin), a pesar da frase que sempre poñemos na que constatamos que esa “solicitude terá validez mentres non se asine outra que a anule ou modifique”. Obviamente non nos poñen nunha boa tesitura para chegar a acordo, pero ademais non ceden en moitos outros puntos:
Solicitámoslle á empresa cuestións que entendemos que son lóxicas e que non supoñen ningún esforzo máis que QUERER:
– Que os días de libranza sexan consecutivos
– Que o persoal con quenda partida disfrute do fin de semana libre ou, como moito, que traballe un máximo de sete días seguidos.
– Que se cree unha bolsa horaria mensual con todos os minutos que botamos fóra de horario laboral para que ese tempo se compense (ben de xeito económico ou ben en tempo)
– Que sempre se publiquen as vacacións con dous meses de antelación.
– Que os enfermos crónicos ou traballadores/as con dependentes con enfermidades crónicas ó seu cargo poidan disfrutar de horas médicas ilimitadas para a consulta do especialista.
– Que instalen taquillas e que nos especifiquen exactamente qué documentación entregada pola empresa podemos levar e cal non (p.ex. había dúbidas coas monitorizacións)
– Que faciliten a documentación en tempo e forma para que poidamos facer a nosa labor de delegados/as.
– Que se amplie o horario de recepción de documentación por parte do departamento de Quendas sen que iso repercuta no traballo dos empregados existentes.
– Que se libre sempre o fin de semana anterior ás vacacións e que non se asignen vacacións en período no que non devengaran.
A Empresa actuou de xeito comedido en toda a reunión. Concedeunos a razón na grande maioría dos puntos plantexados e aseguraron que ían revisar as posibilidades de levalos a cabo. O que pasa é que ó final descubriuse o lobo feroz: a Empresa o único que quere é que asinemos os fóras de banda e ademais fainos responsables do futuro da pobre ING. Á sección da CIG non lle gustan as ameazas, e desde logo que nós non somos responsables do descontento dos traballadores/as que lle permiten levar a José María o traxe que leva.
A cuestión está clara: se Unísono actúa de boa fe e decide pactar con nós unha mellora das nosas condicións laborais, nós seguiremos facéndolle o favor de aceptar, co voso consentemento sempre, un horario que se inventaron para facernos sufrir: ING non era tan complicada en Madrid. Aínda que Unísono teña argumentos para todo, a sección da CIG quere FEITOS e non palabras, porque é inadmisible que unha empresa con beneficios millonarios se negue a cuestións de índole tan básica como as propostas.
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
Sem comentários:
Enviar um comentário