2.10.13

HORAS EXTRA vs. HORAS COMPLEMENTARIAS

(igual de malas para o traballador/a pero con grandes vantaxes para o empresario)

Que son as horas complementarias?
Son aquelas horas que superan a xornada ordinaria pactada no contrato. Só se poden aplicar a traballadores/as con contrato indefinido. Das horas especificadas no contrato só un máximo do 15% poden ser  complementarias. Cotízanse e cóbranse do mismo xeito que as ordinarias. Para que se cumpra a legalidade estas horas teñen que estar pactadas e distribuídas, polo xeral, por escrito e avisando con antelación.

Que son as horas extraordinarias?
As horas extraordinarias non están pactadas con anterioridade e teñen un límite de 80 ó ano. Poden ser compensadas mediante descanso ou mediante nómina: isto pactarase entre empresario e traballador/a. As horas extra cotizan para as continxencias comúns pero non para a prestación por desemprego. O noso Convenio establece que as horas extraordinarias diurnas (entre as 06:00h e as 22:00h) abonaranse cun incremento do 25% sobre o valor da hora tipo ordinaria; as nocturnas (entre as 22:00h e as 06:00h) abonaranse cun incremento do 60% sobre o valor da hora ordinaria. Se son diurnas e cadran en festivo, non domingos, abonarase un incremento do 60%; se son nocturnas e cadran en festivo, non domingo, o incremento será do 80%. Poderanse compensar por tempo de descanso de hora para os non festivos e de hora e media, os festivos.

En que afectou a reforma laboral?
A reforma Laboral do ano 2012 especifica que as horas extras as poden facer tamén os traballadores/as que teñan un contrato parcial, xa sexa indefinido ou temporal. Non se especifica a distribución desas horas.

Como se comporta Unísono?
Unísono, na súa tónica habitual, actúa sen informar ó seu cadro de persoal nin á RLT dos cambios que vai habendo, e que nos atinxen directamente. Por exemplo, en Goltv a semana pasada “ofrecéronlles” a compañeiros/as facer horas extra no mesmo día en fóra de banda ou o que é máis grave, en ING estanse repartindo documentos ós traballadores/as nas que pretenden chegar a un pacto de horas complementarias, sen explicar exactamente qué están asinando e en qué consiste ese pacto.

Cal é a visión da sección da CIG?
Unísono leva un tempo, nomeadamente desde que se lle fanou o seu intento de despedir ós 97 afectados/as polo ERE, intentando aplicar a visión extrema das normativa laboral vixente. Por iso os turnos cada vez son máis complicados, por iso hai tantos problemas cos cambios á mañá, por iso se evita a transparencias nas novas contratacións, etc.

Nese sentido, Unísono xoga coas “necesidades do servizo” ó seu antollo. A planificación do traballo sempre foi semanal, segundo nos ten informado en reiteradas ocasións a empresa. Por iso non se entende que se teñan que facer horas extras dun día para outro ou o que é máis grave, que se xogue coa picaresca de chegar a pactos cos traballadores/as sen informalos do que están asinando: con ese documento chegades a un pacto coa empresa no que as horas extras se van transformar en complementarias (por non pagar máis, non saben o que han de facer!).

UNÍSONO: planifícate, ordena os nosos turnos e deixa de contratar precariedade!! queremos estabilidade no noso posto!!

Sem comentários: