Ou iso di o INE: cada día traballamos máis por menos salario. É especialmente patético que en Unísono, unha empresa que SEGUE A INCREMENTAR BENEFICIOS (como demostran as contas do 2012), as condicións de traballo empeoren desde que abriu, hai oito anos. Xa sabemos desde hai tempo que os traballadores/as non somos nada para a empresa, á que asistimos puntuais, garantindo calidade, nalgunhas ocasións enfermos ou lesionados, cambiando o turno porque a campaña o pediu a última hora, etc.
Despois de manter a reunión coa empresa o pasado luns, podémosvos dicir que insisten en manter este novo sistema de turnos sen atender a ningunha das peticións que a sección da CIG reclama. Á empresa parécelle óptimo que nos cambien os descansos e as pausas a diario, pensan que nos vén de marabilla porque así xa non cambiamos a hora da comida cada semana, se non cada día! Tamén temos que agradecer que nos recorten o descanso longo (cando facían os turnos as persoas e non as máquinas, podiamos coller o descanso pvd que correspondía por cada hora xunto ó descanso longo, facéndoo minimamente aceptable). Evidentemente a máquina nin sente nin padece, non entende a repercusión destes cambios.
O triste é que os directivos de Unísono se comporten tamén como máquinas, que acaban botando fume cando se esgotan os argumentos. Non podemos consentir que non intenten ceder nin o máis mínimo ante as nosas peticións que son de SENTIDO COMÚN:
a). A empresa ten que fixar unha pausa pvd por cada hora de traballo efectivo (feito que incumpren e que non saben explicar).
b). A empresa non facilita tempo adicional para a revisión dos turnos (que non podemos agora facer nunha pausa pvd porque seguiriamos visualizando unha pantalla).
c).Os turnos ata que a Unísono lle deu a gana interpretábanse como “hora de inicio de xornada, hora de fin, pausas e descansos”. Agora, non só poden cambiar, tal e como recoñeceron hoxe na reunión, no propio día os nosos descansos, se non que nós como RLT nin vós como traballadores/as de Unísono, teremos un método que valide os cambios.
Non podemos seguir tolerando que esta empresa, que xa está amaparada por un Convenio-lixo, totalmente favorable á Patronal, asinado polos sindicatos que sempre nos venden, grazas ó que nos pagan salarios da época dos dinosaurios (nos oito anos que leva Unísono en Vigo, o incremento para un traballador de 8h. non chega nin a 100 míseros euros), siga a xogar con nós. Esta sección tomará todas as medidas legais oportunas para paralizar esta aberración.
Está claro que nos está tocando vivir un momento laboral complexo, no que os empresarios se aproveitan das leis que eles mesmos crean no seu beneficio. É importante que como traballadores/as fagamos fronte común ós abusos da empresa e non nos acomodemos pensando que non se pode facer nada: é o noso deber conseguir unhas condicións mellores, porque a Empresa o único que fai é empeoralas máis.
Sem comentários:
Enviar um comentário