19.6.13

Resumímosvos os puntos máis importantes da última COMISIÓN DE SEGUEMENTO (13/06/2013):

A empresa convocou esta reunión extraordinaria para consultarnos qué podería ocorrer se vos ofrecen un posto e todas as persoas afectadas o rexeitades: seguirían coa vacante sen cubrir. Explican que a campaña máis estable e a que xenera máis traballo novo é ING. Iso fai que se precise unha contratación maioritariamente de tarde. Nós valoramos o seguinte:

a. Para poder valorar axeitadamente que se lle ofrece o posto de ING ó maior número de persoas posible, esiximos un listado de todas aquelas persoas que xa estiveron nesa campaña ou que non superaron o exame.

b. Pedímoslles a realización dun test para todo o centro e tamén para os/as afectados para consultar o tramo horario que realmente se podería asumir, co fin de recolocar o plantel para garantir un posto laboral para todos/as os/as afectados/as.

c. Recordámoslles que antes de acudir a persoal de rúa teñen que chamar ó persoal de obra que entrou dentro da bolsa de traballo. Unha vez que acrediten que se lle ofrece o posto de traballo a todo o persoal afectado e que realmente se están facendo esforzos para salvar o maior número de postos posibles, teremos que valorar a legalidade
de contratar persoal da rúa.

Ademais, e en relación con algunhas cuestións pendentes que nos preocupaban, podémosvos comentar o seguinte:

1. Con respecto á prioridade de turno para aquelas persoas que o cambiaron da mañá á tarde neste ERE, a empresa alega que xa hai un grupo de persoas que están nesa mesma situación. É dicir, que ó longo do proceso de constitución de ING, xa foron cambiándolle o turno a varias persoas da mañá á tarde. Para poder velar a transparencia do proceso, esixímoslles o listado das persoas que están nesa situación. Aceptan a petición de prioridade de turno nesas características.

2. Aclaramos que sempre que che notifiquen unha vacante nun turno contrario ó teu non tes a obriga de aceptalo, sen ningunha consecuencia. Loxicamente o noso consello é que sempre que se poida, se acepte ese posto e se vele pola prioridade de cambio á mañá.

3. En canto ás persoas que estades de baixa, indicámoslle á empresa que vos teñen que pagar o complemento (estades recibindo só o 75%). Consultarano na asesoría e dirannos algo

(Seguimos pendente, calquera dúbida avisade).

Xa para rematar, a empresa quedou de entregarnos a finais de mes unha relación de campañas novas e dimensión.

Ademais e dentro do seo do Comité de Empresa, solicitamos que se entregasen escritos á empresa reiterándolles que 1. vos teñen que dar as condicións deste ERTE, 2. nos teñen que entregar o acordo selado pola Xunta.

A medida que teñamos máis información, iremosvos comentando. Calquera dúbida ou consulta que vos xurda, por favor avisádenos.

Sem comentários: