1. Para evitar incompatibilidades co posto laboral, acordouse que o CRITERIO para chamar ó persoal afectado polo ERE será a antigüidade exclusivamente, e respectando a quenda. No caso de que unha quenda estea totalmente cuberta, loxicamente chamarán á quenda contraria. O criterio de chamada para ING segue a ser exclusivo da empresa.
2. O día 31 de maio, que tivestes formación, seravos pagado en nómina complementaria. Ademais, ese sábado e domingo computan como off.
3. O PREAVISO será de tres días. A empresa resérvase a posibilidade de romper este punto no caso de que, por necesidades do servizo, lles sexa irrealizable. Nestes casos pediremos a acreditación oportuna, porque non pode ser esa a norma.
4. En principio, todas as consultas realizadas a organismos oficiais, e á propia empresa, apuntan a que non é necesario ir ó INEM máis que a primeira vez, para comunicarlles a situación de suspensión de contratos. Non obstante, recomendamos que realicedes vós mesmos esa consulta cando notifiquedes a vosa situación, se non o fixestes xa.
5. Acordamos que se vos avise por teléfono e en caso de que non vos poidan localizar, vos envíen un burofax. Ademais, solicitamos estar presentes nas reunións que a Empresa manteña con vós derivadas deste proceso. Teranvos que informar, previo á vosa aceptación, de quenda, horario, e duración.
6. A empresa vai intentar respectar as VACACIÓNS xa concedidas. Para que o faga é NECESARIO QUE DURANTE ESTA SEMANA, entreguedes calquera xustificante que acredite a indispoñibilidade para ese período (billetes con data, p.ex.), tendo en conta que durante a suspensión non se devengan vacacións. Isto será posible en función do número de traballadores/as que o soliciten e dos postos de traballo que fose necesario cubrir.
7. O Comité poderá facilitarvos a copia do acordo sempre e cando o solicitedes. Aínda así seguiremos solicitándolle á empresa que, canto menos, vos acredite as condicións durante este periodo de suspensión.
Calquera dúbida, contactade con nós!
Sem comentários:
Enviar um comentário