19.6.13

Parece ser que Unísono está chamando ó persoal afectado polo ERE. Dado que xa moitos/as nos manifestastes dúbidas, fomos consultar a Recursos Humanos a que se debía a chamada. Por un lado, solicitanvos que asinedes un documento para evitar que teñades que ir á oficina do SEPE cada vez que entredes ou saiades da suspensión e por outro lado, piden que lle entreguedes un manuscrito co horario que estades dispostos a asumir (non o que tedes). O que se pretende con esta iniciativa é evitar que vos ofrezan un posto que non ides poder aceptar. Seguimos pendententes porque o que queremos, ademais, é que esa consulta se faga tamén ó persoal en activo, co fin de que se poida ir recolocando ó maior número de persoas posibles. 

Podedes escribir algo similar ó seguinte:

Notifico que a miña dispoñibilidade horaria durante a vixencia deste ere é de _____ a _____. A miña aceptación ó posto queda supeditada, non obstante, á miña quenda habitual.

Sem comentários: