27.5.13
Como moitas/os de vós sabedes a sección da CIG co apoio da CGT tiña convocado concentracións, folga e cadea humana hoxe de 14:30h a 16:30h. A empresa obrigounos a retiralas: convocounos para a última reunión, decisiva, deste período de consultas xusto para hoxe ás 16:00h. Se valoramos quitalas non foi porque non o merezan, porque nós non queiramos ou porque creamos que a miseria que nos dan é algo bo. É porque non lles queremos dar un pretexto para romper a negociación alegándonos mala fe, como nos suxeriu o inspector. Aquí, desde logo, os únicos que teñen mala fe son eles. NÓS SÓ QUEREMOS CONSERVAR O NOSO POSTO DE TRABALLO. Tal e como lle faremos saber á empresa hoxe, en aras de chegar a un acordo que nos beneficie a TODAS/OS, retiramos hoxe as mobilizacións pero reservámonos o noso dereito a convocalas nunha nova data.
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
Sem comentários:
Enviar um comentário