A empresa agora ten moito traballo, pero todo en horario contrario ó dos traballadores/as. Iso en moitos casos imposibilítalles a reincorporación. Inspección dálle o beneplácito á empresa para que contrate persoal da rúa e a sección da CIG é a única voz que insiste unha vez e outra na importancia de realizar máis esforzos para garantizar o posto das traballadoras afectadas. SE QUERES OU PODES CAMBIAR DE QUENDA DE MAÑÁ Á TARDE, OU SE QUERES TRABALLAR EN ING PONTE EN CONTACTO CON NÓS.
Resumo Comisión de Seguemento do 26/xuño/2013
A empresa
emprazounos a unha reunión, coa presenza de Inspección. A
situación actual é que se está xenerando exclusivamente traballo
en turno de tarde para a campaña de ING. Actualmente hai 12
vacantes ademais dunha previsión de certo crecemento.
En
canto ás 46 persoas afectadas polo ERTE actualmente, hai 7 persoas
de baixa médica e 14 xa estiveron ou non superaron o exame de
ING***. Segundo a empresa, dos 39 restantes, só seis, poden aceptar
ese novo posto.
A
posición da CIG foi que se fixeran máis esforzos. Para lograr
solucionar o problema do persoal que non pode ser recolocado en ING
(porque xa estivo ou non superou exame), solicitámoslle á
empresa que movese a persoal que si cumpra o perfil de outras
campañas (Gas, RCI, Central Lechera, R) para ING, e que cubra
esa nova vacante con persoal do ERTE. Para solucionar o problema dos
turnos (a maioría tedes turno de mañá e non podedes aceptar o
turno de tarde), propuxémoslle á empresa que ofrecese
proactivamente mediante un comunicado persoal e mediante publicación
de blog o cambio da mañá á tarde, coa fin de que se xenerase
unha vacante de mañá que si puidera ser cuberta con persoal
afectado.
Lamentablemente,
estas peticións non foron apoiadas por ningunha outra sección de
xeito firme. A empresa insistiu en que xa realizou todos os
esforzos posibles e que non pode “desvestir” máis as campañas.
Seguiremos intentando traballar nesta vía.
Finalmente,
e dado que estas vacantes en concreto non se puideron cubrir,
chamarán ó persoal de obra, segundo os seus criterios (lembremos
que se trata de ING). Se por algunha razón o persoal de obra non
fose suficiente para cubrir eses seis postos, chamarán a persoal da
rúa.
En
futuras vacantes volverán chamar igualmente a todo o persoal
afectado.
En
canto ás previsións de traballo, a empresa informa que as novas
contratacións son puntuais en Madrid, para cubrir vacacións, con
contratos eventuais. Fica pendente, a finais de mes, que nos
faciliten un listado pormenorizado co número de campañas e axentes
que puidese haber. En canto a Unísono Vigo, como se comentou máis
arriba, prevese certo crecemento en ING, ademais de GOLTV, aínda
que nesta última campaña, como sabedes, o traballo é máis
inestable.
Concretamos
ademais temas pendentes:
-aquelas
persoas que estades pendentes da nómina complementaria,
aínda pode ser que vos sexa ingresada nesta semana. En caso
contrario, a empresa confirma que na próxima nómina virían eses
días pendentes.
-a
empresa confirma que aquelas persoas que estabades de
baixa antes de entrar neste ERE cobraredes o
100%. Aquelas persoas que entrastes en baixa despois de entrar no
ERE, cobraredes igual que o resto dos compañeiros/as, o 77% (a
empresa tería que abonar só o 2%, posto que o 75% págao o INSS).
-
o inspector dános a razón e afirma que efectivamente a empresa
tería que tervos notificado as condicións nas que estabades cando
entrastes no ERTE. Ben mediante comunicación no taboleiro unha vez
chegado o acordo, ben mediante comunicación individual. Lembrade que
se algunha persoa quere as condicións pódellas solicitar á
empresa ou ó comité, mediante escrito.
-
O
inspector verifica que no caso de que unha persoa rexeite un posto
con características diferentes ás que tiña, non perdería a
prestación por desemprego.
QUEREMOS
FACER FINCAPÉ en que é responsabilidade de todos/as defender o noso
posto de traballo. Nós recomendámosvos que aceptedes o posto que
vos ofrezan en inicio, porque é máis fácil pelexar polo turno
inicial dentro da empresa que fóra. No caso de que efectivamente non
poidades asumir este turno, na sección da CIG seguimos estando
dispostas a pelexar todo o necesario para lograr que conservedes o
traballo.
CALQUERA DÚBIDA, CONTACTADE CON NÓS!!
**se
xa estiveches en ING e te “devolveron” á túa campaña de orixe
sen darche motivo, por favor ponte en contacto con nós.
Sem comentários:
Enviar um comentário