27.5.13

Hoxe ás 16:00h teremos unha nova xuntanza coa empresa e case con total seguridade a última. Intentaremos mellorar ó máximo a proposta que nos fixeron e esixirémoslle a Unísono a creación dun mecanismo que nos axude a velar polo traballo en Vigo, que realmente é o máis preocupante. Mañá teremos a asemblea de traballadoras/es na que decidiredes se asinamos ou non ese acordo. Se a empresa non recúa e non ofrece algo que nos mereza a pena, non nos quedará máis remedio que continuar mobilizándonos! seguiremos informando.

Sem comentários: