9.1.13
VITRASA, en defensa dun convenio xusto
A finais deste ano pasado o persoal da empresa de transporte público urbano de Vigo, Vitrasa, fixo unha folga dun total de 13 días. A empresa concesionaria pretendía aumentarlles a xornada laboral e negábase a pactar a suba salarial que demandaban os traballadores/as, inferior á suba do IPC. Vitrasa establece un dos prezos máis elevados para o/a usuario/a, sen que iso repercuta en absoluto no benestar dos traballadores/as.
Os traballadores/as, coa negociación do convenio paralizada durante máis de dez meses, decidiron facer folga. A empresa negábase a negociar o convenio alegando que os resultados económicos lles impedían afrontar ese pequeno incremento salarial que demandaban os traballadores/as.
Finalmente, o día 12 de decembro, acordaron un pequeno incremento na xornada laboral pero, a cambio, lograron unha paga consolidable de 300 euros para 2012 e de 250 para 2013. Tamén conseguiron os dous descansos semanais e introduciron a cláusula da ultractividade no convenio.
Este era o primeiro paro indefinido que se convocaba nos autobuses de Vigo dende que Vitrasa ten a concesión do servizo, hai 44 anos. É un exemplo de que, coa unión dos/das traballadores/as, é posible mudar as cousas.
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
Sem comentários:
Enviar um comentário