Para a sección da CIG o benestar dos traballadores/as é primordial. Por ese motivo temos un grupo de dúas persoas adicadas exclusivamente á Prevención de Riscos Laborais.
A tarefa é complexa, porque Unísono non está preocupado en absoluto en avanzar na mellora do noso posto laboral.
Unha das nosas maiores preocupacións é conseguir o break. Sostemos, ademais, que o volume de chamadas nalgúns casos, é tan elevado que convirte o posto laboral nalgo tan tedioso, abafante e pesado que pode acabar sendo motivo de baixa. Se analizamos o “absentismo”, observamos que “curiosamente” é moito maior nas campañas de recepción. Neste ano conseguimos, coa mediación da Inspección de Traballo, a realización dun test para avaliar os riscos psicosociais no posto de traballo. As nosas distintas iniciativas para evidenciar esta realidade (p.ex. rastreo de logines de axentes para comparar o volume de chamadas e o tempo entre as mesmas), foron en balde. A empresa teme mostrar as súas cartas porque sabe que temos razón. Pouco lles importa a nosa saúde, se teñen o peto cheo.
Tamén estamos pendentes das condicións ambientais. Temos uns centros dunhas dimensións importantes e entendemos que é complexo manter unha temperatura uniforme en todas as instalacións. O que non se entende é que en repetidas ocasións os termómetros da empresa marcasen 29º (o máximo é 27º). Inspección de Traballo, por suposto, deunos a razón na denuncia que interpuxemos. Ademais, participamos das medicións para asegurarnos de que as luminarias, o ruído ambiental ou o C02 dean valores correctos. Tamén conseguimos que Unísono accedese a ter en conta ao persoal de fin de semana para realizar os simulacros de incendios. Seguimos pelexando pola limpeza e polo estado do material (motivo de queixa recorrente).
Tamén os delegados/as de Prevención da CIG, dentro do Comité de Seguridade e Saúde (órgano paritario empresa e sindicatos, que se reúne periodicamente) tratamos reiteradas veces o tema dos descontos en nómina por retrasos. Non pode ser que nos esixan puntualidade feroz cando nin sequera actualizan a hora dos pc´s.
Seguiremos insistindo en mellorar o noso posto laboral. Precisamos da vosa axuda para detectar as carencias que poida haber. Non esquezas contactar con nós!!!
Sem comentários:
Enviar um comentário