9.1.13
INTERÉSACHE SABER!
EXCESO DE XORNADA 2012
O exceso de xornada corresponde aos festivos que non traballamos nin disfrutamos (non computan os que compensamos ou disfrutamos como festivo). Contan aqueles que coinciden coas nosas vacacións ou cando coinciden en sábado off se a xornada que temos é de luns a venres.
Posto que o ano 2012 foi bisesto, o exceso de xornada computará da seguinte maneira:
Con tres días festivos non disfrutados, pedimos un día. Por cada festivo a maiores deses tres, pediremos un día máis. P.ex. se no ano 2012 tivemos 5 festivos sen disfrutar, teremos dereito neste ano 2013, a 3 días por exceso de xornada.
VACACIÓNS ASIGNADAS
Se non solicitaches as túas vacacións, estas pódenche ser asignadas. Despois de ser asignadas só poderás cambialas unha vez (sobre as vacacións xa publicadas, como moito as dos dous meses seguintes). En caso de cambialas cun compañeiro ou compañeira, si poderías volver facelo.
ANTE A DÚBIDA, DENUNCIA!
Cando recibimos calquera sanción ou amonestación sería interesante que sempre nos asesoraramos cun representante sindical para valorar a gravidade da comunicación. Nalgúns casos pode ser valioso interpoñer unha demanda xudicial, porque podemos evitar un futuro despido.
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
Sem comentários:
Enviar um comentário