9.1.13
O "taxazo"
O pasado día 20 de novembro entrou en vigor o denominado “taxazo”: unha nova Lei aprobada polo Goberno do PP, que consiste en dificultar o acceso á xustiza á xente con baixos recursos económicos, incrementando o seu prezo.
Esta Lei aplícase dende o día 17 de decembro tras a aprobación da Orde Ministerial que regula a aplicación destas taxas.
Estes novos incrementos afectarán practicamente todos os casos que non sexan penais, exceptuando algún casos puntuais, e que provocan aumentos de entre 100 ata 1.200 euros en taxas fixas, a parte de ter que abonar nalgúns casos outra parte variable que dependerá do importe que reclame o demandante.
CASOS PRÁCTICOS
Sancións de tráfico
Para recorrer unha multa sen retirada de puntos cun importe de 100 euros haberá que abonar a cantidade de 200 euros. É dicir, o dobre do custe da multa.
Reclamación de cantidades
Se un xubilado afectado polas preferentes ten que chegar a solicitar a devolución de 130.000 euros, terá que abonar cerca de 1.000 euros para poder presentar a demanda.
Divorcio
A taxa mínima que haberá que pagar para un divorcio será de 1.280 euros.
Reclamación por actuacións do Goberno
Se unha persoa quere recorrer unha disposición do acordo do Goberno, terá que abonar por ese pleito 3.250 euros para poder chegar ao Tribunal Supremo .
Neglixencia médica
Uns pais reclamaron 600.000 euros de indemnización despois de que a súa filla sufrise graves danos cerebrais por unha neglixencia médica no parto. Os pais tiveron que chegar ao Supremo para que se lles dese a razón (sentenza do 23 de decembro de 2002). Non tiveron que pagar. Hoxe abonarían 11.300 euros.
En canto a interpoñer demandas xudiciais por temas laborais, de momento a situación non varía. Nunha primeira instancia segue a ser gratuíto. Iso si, se a setenza non é favorable e nos vemos na obriga de recorrer, xa podemos estar dispoñendo, coma no resto de casos, de 800 euros.
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
Sem comentários:
Enviar um comentário