9.1.13

Ponlle seguro ós teus dereitos



Na sección da CIG consideramos que é moi importante (e máis nos tempos que estamos a vivir) estar afiliado/a a un sindicato. Temos que recuperar eses dereitos laborais que tantos anos de loita custou acadar. Non podemos consentir que grazas á xestión económica e social dos poderes políticos e financieros deste sistema, esteamos a perdelos. A  UNIÓN FAI A FORZA. Se todos os/as traballadores/as formamos unha soa fronte común ante os  abusos laborais que estamos a sufrir, lograremos vencer.

Non debemos cesar na loita continua por un convenio e unhas condicións de traballo dignas. É importante, ademais e sobre todo tras a reforma laboral que palpamos no día a día da realidade de Unísono (con despidos improcedentes, con sancións, con presións, etc), estar baixo o amparo dunha organización que vai velar sempre polos teus intereses. É mellor previr antes que lamentar. Hoxe en día, cómpre facer un seguro para os dereitos. E ese seguro é a afiliación.

Os teus dereitos son os nosos dereitos, por iso imos seguir defendéndoos. O VERDADEIRO PROGRESO SOCIAL NON CONSISTE EN AUMENTAR AS NECESIDADES SENÓN EN SUBSANALAS.

CONTACTA CON NÓS, AFÍLIATE!

Sem comentários: