19.6.11

nota aclaratoria

Compañeiras e compañeiros:

O comité de empresa tiña convocados paros e concentracións para o día 20, co fin de que todos nós puidesemos mostrar o noso rexeitamento ante esta persecución de dereitos laborais básicos que estamos padecendo.

Queremos poñer no voso coñecemento que a empresa, cando recibiu a notificación, deunos o visto e prace... ata que o empezamos a facer público: nese momento, e só nese momento, advírtenos que é ilegal porque o prazo con que llo comunicamos era de UN DÍA MENOS do establecido (4 no canto de 5; é comprensible, claro: igual non lles daba tempo a reclutar a compañeiros e compañeiras de Chile para explotalos por catro cadelas en tan pouco tempo). Mirade, o poder xudicial neste estado, xa todos sabemos quen o fai, como e para quen, e todos temos que ser conscientes de que o xusto non sempre é o legal.

A empresa sabía perfectamente as nosas intencións de paralizar o centro, porque, tristemente motivos non nos faltan, porque esto é un atropelo, porque nin o máis iluso cre que da noite para a mañá sobren 99 persoas, porque eles seguen medrando á nosa costa e porque non lles treme a man á hora de firmar o despedimento dunha mai de familia e deixala na rúa.

Por iso,a CIG, xunto co Comité de empresa, non se dá por vencida, por iso imos volver convocar as mobilizacións, porque nós non imos ser cómplices do grande empresario que fai de nós un pandeiro e porque queremos deixarlles moi claro que coa nosa vida non se xoga, e se xogan, que se preparen.

Temos todas as de ganar.

organízate!

Sem comentários: