
A sección sindical CIG en UNÍSONO chama a participar nesta iniciativa que implica directamente ás e ós desempregadas.
Os próximos días 29 e 30 sairán comitivas desde todas as comarcas galegas coa pretensión de chegar a pé a Santiago e co fin de protestar polas promesas non cumpridas: e é que, a pesar de que o señor Feijóo aseguraba que o emprego ía aumentar, na realidade as colas do paro están máis cheas que nunca.
A finalidade desta marcha, pois, é protestar polo desemprego pero tamén esixirlle ó señor Feijóo que reverta a situación.
Rematará o día 3 en Compostela onde haberá unha manifestación nacional, á que estades todas e todos convidados.
máis info en:
Sem comentários:
Enviar um comentário