O pasado dia 17 de marzo estaba prevista a celebración dun novo xuízo de reclamación de categoría de xestora por parte dunha compañeira do SIF da campaña de Orange.
O xuízo non chegou a celebrarse xa que houbo un acordo, recoñecendo Unísono a categoría así como os atrasos.
Anteriormente xa gañaramos un xuízo de reclamación e o pasado día 18 de marzo chegamos a un acordo para o pago dos atrasos que estaban pendentes.
O día 21 de abril debería ter lugar o xuízo de 3 novas compañeiras que reclamaron a categoría de xestora.
Agora a Dirección convocou a toda a representación sindical a unha reunión para o vindeiro día 25 de marzo cun único punto no orde do día, “Categoría traballadores/as SIF”.
Sen prexulgar o resultado da reunión pensamos que as demandas xudiciais emprendidas pola CIG en reclamación da categoría de xestor/a para o persoal do SIF están dando resultados. Polo pronto 2 compañeiras xa teñen a categoría, unha boa noticia non só para elas, si non para todos e todas.

Sem comentários:
Enviar um comentário