10.2.09

A Inspección recoñece como indefinidos a 3 compañeiros

Hoxe tivo lugar unha reunión na Inspección de Traballo e Seguridade Social entre o Comíté de Empresa e a Dirección de Unísono.

No mes de decembro, tal e como anunciamos na Memoria 2008, presentamos denuncia ante a Inspección por entender que os contratos de tres compañeiros da campaña de Orange eran fraudulentos e polo tanto deberían pasar a indefinidos.

Para o organismo público os tres contratos foron realizados claramente en fraude de lei, polo que deulle a Unísono duas semanas de prazo para regularizar a situación.

Sem comentários: