Hoxe estaba previsto o xuizo de reclamación de categoría das nosas compañeiras Sira, Elda e Alicia, que reclaman a categoría de xestoras como persoal do SIF (Servizo Integral de Facturación) ao abeiro da sentenza gañada da compañeira Luisa e despois de que Unísono se pechara en banda ante calquera posible saida negociada.
Finalmente o xuízo non se celebrou e foi adiado para o 21 de abril, xa que a Inspección de Traballo non remitiu en tempo e forma un informe requirido polo propio xulgado.
Sem comentários:
Enviar um comentário