
Atento presentou en novembro 27 traslados dende a Coruña para un novo centro en León, aberto con subvencións do goberno central. Entre o persoal trasladado figuraban un delegado e unha delegada da CIG.
Con estes traslados Atento pretendía abaratar o despedimento dos traballadores, e traballadoras, consciente de que ninguen deixa a súa vida atras por 700 euros ao mes.
Ante esta situación a CIG chamou ao persoal a mobilizarse e presentar denuncias, así no mes de xaneiro tivo lugar o primeiro xuizo, coñecendose a sentenza o día 6 de febreiro (data na que estaba prevista un novo xuizo).
A sentenza foi favorable para os traballadores e traballadoras, xa que declarou improcedentes os traslados dos dous delegados da CIG, obrigando a repoñelos nas condicións anteriores, é decir a que sigan traballando na Coruña.
Ante a sentenza e para evitar novos xuizos, a empresa negociou co avogado da CIG a recolocación na Coruña do resto do persoal que optou por emprender accións legais contra o traslado.
O persoal que optou anteriormente polo cobro dunha indemnización e marchar da empresa, que non quixo defender legalmente os seus dereitos, quedou no paro. Unha lección para todos e todas.
Sem comentários:
Enviar um comentário