A patronal de telemárketing ACCE, anunciou que non quere aplicar a suba salarial pactada no artigo 45 do Convenio Colectivo de Contact Center , que era o IPC previsto (2%) mais o 0,25%.
A patronal de telemárketing non tivo ningún inconvinte en ligar a suba salarial a este indicador e historicamente sempre o aplicaron sen problema. Este cambio de posición só responde a unha estratexia que busca aprazar a actualización dos nosos salarios utilizando un subterfuxio legal.
Durante a negociación do Convenio dende a CIG defendemos unha suba lineal, rexeitamos asociar os salarios ao IPC, por considerar que é un indicador manipulado que non recolle a suba real do custe da vida. Si se aplicasen as nosas propostas agora non teríamos ningún problema.
Cando coñecemos a decisión da patronal solicitamos a Unísono que actualizara os salarios, Unísono novamente e na súa liña dixo que non.
En todo caso pensamos que os sindicatos do sector de telemárketing debemos dar unha resposta conxunta ás empresas coa convocatoria inmediata dunha folga en todo o Estado, para exixir que nos paguen o que é noso.
Importes que as empresas pretenden deixar de pagarnos pola cara:
Coordinadora/ nivel 8, 327 euros; Xestora/ nivel 9, 315 euros; Teleoperadora especialista/nivel 10, 298 euros; Teleoperadora entrada/ nivel 11, 285 euros.
Ese diñeiro é noso, xa esta ben utilizar subterfuxios legais para intentar socabar o que é noso.

E por si non queda claro ccal é o IPC previsto podedes consultar aquí o aprobado no Consello de Ministros do pasado 9 de xaneiro.
Sem comentários:
Enviar um comentário