13.6.14

A EMPRESA NON TEN GANAS DE FALAR

Onte celebrouse unha reunión entre a Empresa e o Comité de Empresa. A CIG quere denunciar que a Empresa está cohartando a nosa capacidade para defendervos, impedindo que se celebren as reunións con normalidade. Pese a terlle trasladado en tempo a orde do día non se nos permite tratar todos os puntos.
Ante esa situación, insistimos para manter unha reunión a próxima semana pero a Empresa excúsase indicando a inviabilidade da mesma e solicita que lles enviemos os puntos que queremos tratar (os que vós nos trasladades).
Finalmente, canto menos para que a nivel administrativo conste a nosa oposición, acordamos como Comité presentar eses puntos á empresa por escrito e solicitar unha reunión coa dirección de Madrid, coa fin de que estas xestións se axilicen.
Pasamos a informarvos do que consideramos máis importante:
1. VALORACIÓN DE CAMPAÑAS POR PARTE DA EMPRESA:
GOLTV: campaña que se prevé estable. A empresa indica que está en trámite a sinatura dun novo acordo que cre dun ano.
GAS NATURAL: campaña estable que non prevé máis crecementos.
RCI: previsión de mantemento, agás un posto de RCI portugués.
R: estabilidade con crecementos puntuais.
ING: a única campaña que medrou.
NESPRESSO: prevese estabilidade pero en etapas promocionais.
Nós solicitámoslle á Empresa que para que este panorama de estabilidade continúe igual é necesario que empecen a pensar en traer campañas a Vigo. Todas/os sabemos que Atresmedia quere recuperar os dereitos do canle que ten alquilado a MediaPro e que Goltv non vai durar toda a vida.
2. RESUMO DOS PUNTOS TRATADOS:
Bolsa de horas/exceso xornada: solicitamos a aplicación inmediata do acordo de Madrid do Sima, que regula a compensación do exceso de xornada (tempo que botas fóra da túa xornada porque unha chamada se prolongou), ademais da tamén inmediata notificación a todos os traballadores/as por parte da empresa. A maiores, solicitamos que nos facilitasen o exceso de xornada de todos/as os/as traballadores/as desde outubro, data na que o Comité de Liga Estudantil Galega Vigo ten un acordo asinado de compensación similar.
Evitar librar días alternos: esta sección constatou que se a empresa revisase os turnos poderíanse mellorar algunhas libranzas alternas. A empresa non asume o erro pero asegura manter a porta aberta ante calquera cambio que se desexe realizar entre traballadores/as.
Librar fins de semana antes das vacacións: A empresa non acepta a petición porque traballa en base a uns requeridos solicitados polo cliente, que non queren notificar ó Comité.
Evitar traballo durante máis de sete días seguidos: A empresa tampouco acepta a petición pero asegura manter a vontade de impedir que o 85% da quenda partida non traballe máis dunha semana seguida. No caso de que se volvan dar casos de persoal que traballe durante o mesmo mes máis de sete días seguidos, notificádenolo de inmediato para que o tratemos con quen proceda.
En canto teñamos o argumentario dos puntos pendentes entregado notificarémolo no taboleiro!

11.6.14

Hoxe Unísono tivo visita sorpresa. A nova inspectora asignada á nosa empresa veu ás instalacións sen avisar á dirección, alertada por esta sección sobre diferentes cuestións relativas a contratación e a prevención de riscos. Tan pronto teñamos resolución das cuestións plantexadas, farémosvolo saber!

5.6.14

RESUMO DA REUNIÓN DO COMITÉ


Hoxe foi constituido o Comité de Empresa. En canto a acta estea aprobada poderedes vela colgada no taboleiro do Comité. Como iso non vai acontecer ata a próxima xuntanza ordinaria (dentro de dous meses) facémosvos un resumo:
Escollemos Presidencia do Comité e Secretaría do Comité. Só a CIG presentou voluntarios/as para cubrir estes postos, ficando Raquel Vázquez como Presidenta e Isa F. Arrizabalo como secretaria.
Escollemos, así mesmo os catro membros do Comité de Seguridade e Saúde que proceden por número de traballadores/as. Novamente só houbo voluntarios/as da CIG, pese ós nosos intentos de constituír un Comité o máis colexiado posible. Ficaron como membros do Comité de Seguridade e Saúde Judith Pérez, Rubén Sánchez, Susana Blanco e David García.
Tamén debatimos o regulamento do Comité de Empresa. Este regulamento, no que abrimos a porta á participación dos e das traballadores/as ampliando os mínimos legais, ficará formalmente asinado o próximo xoves 12, día no que ademais manteremos unha xuntanza coa empresa. Así como aconteza, farémolo público tanto nas nosas redes sociais como no taboleiro do Comité de Empresa.
Os temas a tratar coa empresa farémolos públicos o luns, posto que acordamos dar tres días de marxe para notificarllos á empresa e acadar o consenso das seccións nesa comunicación. Basicamente a nosa sección levou ó pleno todas as cuestións que nos fostes trasladando ó longo destes días previos.
SE TEDES DÚBIDAS OU SUXESTIÓNS, POÑÉDEVOS EN CONTACTO CON NÓS!!

9.5.14

ELECCIÓNS 2014

10 DE MAIO, 00:00: COMEZO DO PERÍODO DE PROPAGANDA ELECTORAL

A mellor propaganda: O NOSO TRABALLO

AGORA É O MOMENTO de cambiar as cousas, de xuntarnos todas/os para facer un COMITÉ SERIO, COMPROMETIDO, FORTE.



AGORA É O MOMENTO DE VOTAR CIG!! que a nosa voz sexa imparable!!
Aquí vos deixamos unha nova na que se explica qué acontece con GOLTV (que deixa en Vigo unha campaña unicamente formada por indefinidos/as con unha media de antigüidade de 7 anos). Esta sección xa lle fixo saber á empresa por escrito que, se dentro dun tempo temos problemas, a culpa non vai ser de Mediapro, vai ser de Unísono. Se non se lles ocorren solucións, nós mesmas/os lles demos alternativas: deben ubicar progresivamente ós traballadores/as de GOL en campañas ESTABLES (posto que as contratacións non cesaron) ou traer máis traballo para Vigo (un clásico). En caso de que Unísono teña pensado facer das súas... nós xa temos unha blindaxe: non será porque non avisamos. 

http://www.elconfidencial.com/comunicacion/2014-04-24/antena-3-y-mediapro-van-a-la-guerra-por-el-futuro-de-gol-tv-en-pleno-cierre-de-canales_121014/

6.5.14

hoxe é un día FELIZ: non vedes como raia o sol?

Acordádesvos que en decembro aplicaron unha modificación substancial a 26 compañeiros/as de GOLTV e os obligaron a cambiar de quenda? Acordádesvos que NINGUNHA outra sección pelexou polos compañeiros/as porque "consideraban xustificada a medida"? Acordádesvos que na CIG vos aconsellamos a todos/as denunciar á empresa? Acordádesvos da nosa insistencia aseverando que non tiñan datos suficientes para corroborar a medida?

Pois todo iso foi certo. Na CIG lamentamos profundamente que a única persoa que se atrevese a denunciar fora a nosa compañeira Susana Blanco. Sabedes por que? Porque GAÑAMOS!!! (a compañeira deberá recuperar o seu turno, sen que exista opción de recurso por parte da empresa!!)

REFLEXIÓN: este tipo de cousas son as que marcan a diferencia. É moi fácil buscar os argumentos nunha mobilidade xeográfica, é moi fácil posicionarse ante un ERE. O difícil é saber buscar os resquicios legais en medidas como esta, que son máis sibilinas e que seguen tendo a mesma pretensión de sempre (a ver se algún se vai e me libro de indefinidos/as). A seguir loitando!!

26.4.14

Lembrámosvos que partir do luns 28 de abril, aquelas persoas que estades afiliadas á nosa central, poderedes pedir cita para facer a declaración da renda.

25.4.14

Hoxe é 25 de abril e conmemórase a revolución dos cravos que logrou tumbar a dictadura salazarista de Portugal. É un fito na historia que irá por sempre ligado ó día máis GRANDE de Unísono. Cúmprese hoxe un ano da mobilización máis importante da nosa empresa: despois dunha longa noite de acampada e dun día de folga que foi masivamente seguida, culminabamos a nosa protesta cunha manifestación por toda a cidade para reclamar XUSTIZA. Choramos, rimos, solidarizámonos, sufrimos, loitamos... e finalmente gañamos. GRAZAS de novo a todos/as vós porque sen o voso apoio, sen a unións das e dos traballadoras/es nada disto teria sido posible. Nunca esquezades ós culpables, que teñen nome e apelidos: María del Pino (culpable!!), José María Alonso (culpable!!), Diego Lago (culpable!!), Arturo Hermilla (culpable!!), Consuelo Fernández (culpable!!). A LOITA É O ÚNICO CAMIÑO!!

https://www.youtube.com/watch?v=7z6D880P4Vk

24.4.14

Chove en Unísono e falta a luz nalgunhas zonas. Se traballades no centro de vigo 2 non esquezades levar paraugas para poder ir ó posto de traballo. Estamos CANSAS/OS de decirllo á empresa e das súas excusas: alegan que é un fallo do edificio. Róubannos incentivos, agardan que non collamos os últimos cinco minutos de descanso, apuran todos os retrasos para descontarnos na nómina, soben o prezo da auga que é unha ferramenta básica en vez de pagala eles... e para que? para a súa piscina personal e para as súas vacacións de semana santa, será, porque teñen os centros de Vigo feitos un ASCO: chove neles ou afógase de calor no verán, temos bichos, os pcs van fatal, as sillas están rotas, etc... Teremos que agardar a que nos caia un anaco de teito encima para que actúen?? A sección da CIG xa foi falar coa directora do centro e xa están evacuando ó persoal dos postos afectados. Dirixirémonos tamén ó reponsable de Prevención, que agora mesmo debe estar rezando para que volva o sol. SOLUCIÓN XA!!

23.4.14

A sección da CIG interpuxo conflito colectivo en relación ás pausas pvd:

- Non nos parece saudable coller chamadas durante máis dunha hora seguida
- Pensamos que os 15 mins ós que fai referencia o convenio forman parte da autonomía do traballador/a e non da potestade da empresa
- Cremos que a empresa pon o último descanso a menos cinco coa esperanza de que o perdamos.

Pois ben, hoxe celebrouse o acto de conciliación previo ó xuízo (do que aínda non temos data), SEN ACORDO. Claro... se por eles fose, traballariamos as 24h do día gratis e sen pausas!

Lamentamos, unha vez máis, ter que chegar a un xuízo por cuestións que se poderían solucionar de outro xeito. Din que a avaricia rompe o saco e agardamos que ese saco rompa no xuízo: son unha das cinco primeiras empresas de chamadas do estado que máis facturan e só pensan en recortarnos dereitos.

Os traballadores/as, pola parte que nos toca, temos que enfrontarnos ós abusos e non permanecer inmutables, porque xa sabedes, tamén: daslles a man e collen o brazo! Seguiremos informándovos!!
Como sabedes, Unísono aplica en decembro unha modifición substancial en GOLTV: 26 compañeiros/as eran obrigados/as a cambiar a quenda ou, no caso de que non puidesen, ir á rúa cunha indemnización de 20 míseros días por ano traballado.

A única persoa que finalmente se animou a denunciar a medida foi Susana Blanco, delegada da CIG, sen o apoio de ningunha outra sección sindical (que lle deron a razón á empresa, considerando a medida xustificada).

Hoxe celebrouse o xuízo da denuncia interposta. Temos que agardar á resolución do mesmo pero comprácenos comunicarvos que a xuíza insistiu en que a empresa debía facilitar os datos que esta sección lle pediu por activa e por pasiva: queriamos o número de chamadas entrantes e perdidas divididas por tramos, de mañá e tarde.

Pois ben, a empresa (representada testemuñalmente polo director e pola supervisora da campaña), non só foi coas mans baleiras, se non que se atreveron a contar MENTIRAS e VERDADES A MEDIAS. Quen de vós afoga collendo chamadas as fins de semana? Quen de vós cre que hai un diferencial de chamadas da mañá á tarde tan grande? Desde logo se a empresa non tivese nada que ocultar, facilitarianos estes datos ou en última instancia, facilitariallos á xuíza!

Agardamos con impaciencia a resolución desta demanda, porque a única solución XUSTA é que a compañeira recupere o seu posto na quenda da mañá.

Seguirémosvos informando!!

22.4.14

Como xa vos informamos a empresa retrasouse en realizar o pagamento dos incentivos de ING. Aseguraron, a primeiros de mes, que estes serían retribuídos na nómina complementaria. Canto cobramos na complementaria? NADA. Por iso, hoxe mesmo, nos diriximos ó director de Unísono. Queremos explicacións sobre o acontecido e compromisos. Agardamos ter resposta sobre esta situación como moi tarde en dous días... e como sempre, farémosvola saber. Calquera dúbida, xa sabedes!

15.4.14

ASEMBLEA DE TRABALLADORAS/ES DE UNÍSONO

O próximo martes 22 de abril realizaremos unha asemblea no noso local, situado en Gregorio Espino 47. É de imprescindible asistencia para aquelas persoas que asinastes para conformar a candidatura da CIG e para os/as afiliados/os pero é tamén aberta para os/as simpatizantes ou para ós/ás que aínda lles poidan quedar dúbidas sobre o noso traballo  PARTICIPADE!!!