5.6.14

RESUMO DA REUNIÓN DO COMITÉ


Hoxe foi constituido o Comité de Empresa. En canto a acta estea aprobada poderedes vela colgada no taboleiro do Comité. Como iso non vai acontecer ata a próxima xuntanza ordinaria (dentro de dous meses) facémosvos un resumo:
Escollemos Presidencia do Comité e Secretaría do Comité. Só a CIG presentou voluntarios/as para cubrir estes postos, ficando Raquel Vázquez como Presidenta e Isa F. Arrizabalo como secretaria.
Escollemos, así mesmo os catro membros do Comité de Seguridade e Saúde que proceden por número de traballadores/as. Novamente só houbo voluntarios/as da CIG, pese ós nosos intentos de constituír un Comité o máis colexiado posible. Ficaron como membros do Comité de Seguridade e Saúde Judith Pérez, Rubén Sánchez, Susana Blanco e David García.
Tamén debatimos o regulamento do Comité de Empresa. Este regulamento, no que abrimos a porta á participación dos e das traballadores/as ampliando os mínimos legais, ficará formalmente asinado o próximo xoves 12, día no que ademais manteremos unha xuntanza coa empresa. Así como aconteza, farémolo público tanto nas nosas redes sociais como no taboleiro do Comité de Empresa.
Os temas a tratar coa empresa farémolos públicos o luns, posto que acordamos dar tres días de marxe para notificarllos á empresa e acadar o consenso das seccións nesa comunicación. Basicamente a nosa sección levou ó pleno todas as cuestións que nos fostes trasladando ó longo destes días previos.
SE TEDES DÚBIDAS OU SUXESTIÓNS, POÑÉDEVOS EN CONTACTO CON NÓS!!

Sem comentários: