23.4.14

Como sabedes, Unísono aplica en decembro unha modifición substancial en GOLTV: 26 compañeiros/as eran obrigados/as a cambiar a quenda ou, no caso de que non puidesen, ir á rúa cunha indemnización de 20 míseros días por ano traballado.

A única persoa que finalmente se animou a denunciar a medida foi Susana Blanco, delegada da CIG, sen o apoio de ningunha outra sección sindical (que lle deron a razón á empresa, considerando a medida xustificada).

Hoxe celebrouse o xuízo da denuncia interposta. Temos que agardar á resolución do mesmo pero comprácenos comunicarvos que a xuíza insistiu en que a empresa debía facilitar os datos que esta sección lle pediu por activa e por pasiva: queriamos o número de chamadas entrantes e perdidas divididas por tramos, de mañá e tarde.

Pois ben, a empresa (representada testemuñalmente polo director e pola supervisora da campaña), non só foi coas mans baleiras, se non que se atreveron a contar MENTIRAS e VERDADES A MEDIAS. Quen de vós afoga collendo chamadas as fins de semana? Quen de vós cre que hai un diferencial de chamadas da mañá á tarde tan grande? Desde logo se a empresa non tivese nada que ocultar, facilitarianos estes datos ou en última instancia, facilitariallos á xuíza!

Agardamos con impaciencia a resolución desta demanda, porque a única solución XUSTA é que a compañeira recupere o seu posto na quenda da mañá.

Seguirémosvos informando!!

Sem comentários: