23.4.14

A sección da CIG interpuxo conflito colectivo en relación ás pausas pvd:

- Non nos parece saudable coller chamadas durante máis dunha hora seguida
- Pensamos que os 15 mins ós que fai referencia o convenio forman parte da autonomía do traballador/a e non da potestade da empresa
- Cremos que a empresa pon o último descanso a menos cinco coa esperanza de que o perdamos.

Pois ben, hoxe celebrouse o acto de conciliación previo ó xuízo (do que aínda non temos data), SEN ACORDO. Claro... se por eles fose, traballariamos as 24h do día gratis e sen pausas!

Lamentamos, unha vez máis, ter que chegar a un xuízo por cuestións que se poderían solucionar de outro xeito. Din que a avaricia rompe o saco e agardamos que ese saco rompa no xuízo: son unha das cinco primeiras empresas de chamadas do estado que máis facturan e só pensan en recortarnos dereitos.

Os traballadores/as, pola parte que nos toca, temos que enfrontarnos ós abusos e non permanecer inmutables, porque xa sabedes, tamén: daslles a man e collen o brazo! Seguiremos informándovos!!

Sem comentários: