18.5.10

Gañamos as eleccións: grazas!!

Grazas a todas as persoas que nos apoiachedes ao longo do proceso electoral, noemadamente às que votáchedes a nosa candidatura.

A CIG tivo 222 votos e subiu a 9 delegadas; CGT 156 votos e 6 delegados; CCOO 110 votos e 5 delegados e por último UGT 77 votos e 3 delegadas.

Ata o de agora no Comité había só 3 delegadas da CIG.

Ao longo da campaña electoral non fixemos promesas, explicamos o noso traballo. O noso compromiso e seguir traballando día a día para tratar de mellorar as condicións de traballo de todo o persoal de Unísono CRM en Vigo.

De novo grazas a todos e todas.

2 comentários:

blogueir@ disse...

Grazas a tod@s polo voso apoio e por participar nesta democrática cita eleitoral, na que se decidiu a representación d@s traballadores en Unisono.

Afrontamos o reto de sermos o sindicato con maior presenza en votos e representantes, coa ilusión de quen se sabe respaldado polos seus. Coa responsabilidade de quen obtivo a confianza d@s seus compañeir@s de traballo.

Grazas por todo.

Pilar Fernandez . Iberdrola.

Unknown disse...

Graciñas a todos/as polo voso apoio.
Sen vós esto non hubera sido posibel.

Demostrastes que o bo traballo se valora, non me cansarei de darvos as grazas a todos/as.

Agora seguiremos traballando para conseguir máis cousas.

Moitos saúdos e dito unha e mil veces, grazas.!!!!!!

Luísa. Sif.