22.1.10

Constituída a mesa negociadora II Convenio Contact Center

Por fin hoxe día 22 de xaneiro, constituíuse a Mesa negociadora do II Convenio Colectivo de Contact Center, na que a CIG estará presente para trasladar a voz e defender directamente e sen intermediarios os intereses dos traballadores e traballadoras de Galiza.

O Convenio é a norma básica que regula as nosas condicións laborais: en materia de salarios, contratacións, horarios, despedimentos, etc., polo que entendemos que a vosa participación será decisiva ante a difícil negociación que teremos que afrontar.

Inicialmente a CIG e os sindicatos vascos ELA e LAB solicitamos a constitución de mesas negociadoras de ámbito galego, no noso caso, e vasco no deles, posibilidade que contempla a vixente lexislación e que nós defendemos. A proposta foi rexeitada pola Patronal.

Unha vez constituída formalmente a Mesa a nivel estatal, que estará integrada por CIG, LAB, ELA, CGT, CCOO e UGT, marcouse para o vindeiro día 12 de febreiro a primeira reunión de traballo.

Dende a CIG defendemos que o actual convenio precisa unha fonda, moi fonda revisión, que garanta o mantemento dos postos de traballo e unhas condicións dignas. O ámbito estatal caracterízase polos baixos salarios, a contratación precaria, a facilidade dos despedimentos ou xornadas laborais continuadas de ata 10 días. Nós defendemos outro marco: o galego.

En todo caso a Patronal aposta por manter centralizada a negociación para manter as precarias condicións laborais. Nós apostamos por outra vía, pero continuaremos representando os vosos intereses na Mesa negociadora estatal para tratar de avanzar, sabendo que non é o mellor marco para conseguilo.

2 comentários:

chisco disse...

En vez de tanto pelear por el ambito del convenio, que si gallego o español, bien podiais preocuparos e informarnos que se esta mascando el traslado de los servicios de atención al cliente y sat a chile y colombio.

La agencia de protección de datos ya aprobó el traslado de las bases de datos de los clientes de vodafone con estos fines.

Administrador disse...

En canto ao ámbito do convenio dicir que defendemos o galego,por que o estatal non dá mais de si.

En canto a deslocalización de vodafone temos claro como afecta noutras plataformas (Sykes e Bosch) e estamos comprobando o alcance en Unísono antes de plantexar as medidas a tomar.

En Sykes xa estan en marcha mobilizacións e paros. En Bosch está habendo asembleas para tomar unha decisión colectiva.