11.9.13
pausas PVD
Poñemos no voso coñecemento que Unísono agora quere reinterpretar o convenio. O convenio, no seu art. 54, referente ás pausas pvd di que "Corresponderá ao empresario a distribución e forma de levar a cabo as devanditas pausas, organizándoas de modo lóxico e racional en función das necesidades do servizo, sen que tales pausas poidan demorar, nin adiantar, o seu inicio máis de 15 minutos respecto a cando cumpran as horas fixadas para a súa execución". Como ben sabedes desde que Unísono abre as portas en Vigo eses quince minutos arriba/abaixo da hora fixada son a disposición do traballador/a. Agora Unísono quere interpretar que son á súa propia disposición. Desde a sección da CIG xa lles fixemos saber que están incumprindo o Convenio, porque nin sequera interpretándoo ó seu xeito o fan ben (persoa que entra ás nove, e que ten o primeiro descanso ás 10.20: os descansos pvd teñen unha función preventiva e teñen que ser un por cada hora de traballo). Na reunión coa empresa faremos todo o posible por modificar esta situación e outras irregularidades que detectamos. Farémosvos saber o resultado.
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
Sem comentários:
Enviar um comentário