11.9.13

CONTRATACIÓN EN GAS NATURAL

Ante a contratación de persoal externo para Gas Natural, previsións da empresa materializadas, a sección da CIG pediulle por escrito unha vez máis a Unísono que oferten eses postos de traballo ó resto de cadro de persoal (e entrando no seu xogo, engadímoslle que moitos deles tiñan experiencia demostrada curricularmente nese eido, ben dentro ou fóra de Unísono), coa fin de que, finalizado o periodo de ERE o máximo número de compañeiros/as estean ubicados en campañas estables (hoxe en día a maioría estades en GOLTV, que como todos/as sabemos, é algo estacional). Se queredes traballar en GAS NATURAL non dubidedes en facer un escrito e solicitarlle a Recursos Humanos o cambio. Se formades parte da bolsa de emprego e tedes esa experiencia, comunicádeo tamén!! Tratase por suposto, de algo VOLUNTARIO. Por suposto, aínda non temos resposta da empresa, pero se houbese persoal que desexe o cambio seguiremos insistindo. Calquera dúbida, contactade con nós!!

Sem comentários: