3.8.13

Mes e medio despois da implantación do ERE non só todo o persoal afectado está traballando se non que xa se está contratando persoal eventual e de fin de semana. Unísono confirmou que esta medida efectivamente non era precisa. Como non o serán as que veñan. 

Na sección da CIG estamos actualmente intentando resolver todos os problemas relacionados coa xestión de quendas, preferencias horarias, vacacións, concesións de permisos, disfrute de festivos etc. Por ese motivo xa tivemos unha cita na nosa asesoría xurídica e xa visitamos a Inspección de Traballo.

Estará usando Unisono a vella táctica de cansar ós seus empregados/as para que sexan eles/elas os/as que marchen e así non pasar o traballo de despedilos/as?? Agardamos que só sexa preguiza, porque esta descompensación na xestión do persoal non é normal. Desde a sección da CIG queremos transmitirvos ÁNIMO, porque temos a razón da nosa parte e ademais nesta ocasión Inspección tamén nola dá.

O próximo venres manteremos unha reunión coa dirección da Empresa para intentar mudar a situación unha vez máis. Volveremos levar todas as queixas para lograr unha solución que ten que ser inmediata. Do contrario, esta sección tomará todas as medidas legais que considere oportunas e anima a todos/as aqueles/as afectados/as a que se asesoren e se procede, fagan o propio.

Seguiremos informando.

Sem comentários: