10.4.13

REUNIÓN PARIPÉ. Ese podería ser o titular do resumo da xuntanza de hoxe. A empresa non ten vontade ningunha de negociar. Non amosan as súas cartas nin falan claro do noso futuro (e iso é porque nin eles o ven, do negro que está). TEDE CLARO QUE HOXE PRETENDEN LIBRARSE DE 97, PERO ATRÁS DESTA MEDIDA VAI HABER MÁIS. Sempre se dixo que aquel que avisa non é traidor, así que baixo esta máxima e con este preaviso, sexamos todos e todas conscientes do que nos estamos xogando. É o momento de arrimar o codo. Nese sentido, é FUNDAMENTAL que mañá xoves 11 todos/as, como reloxos, esteamos nas asembleas que temos organizadas desde o Comité de Empresa. DIFUNDIDE: DE 13:30H A 18:00H. A empresa, demostrando a súa boa fe, aínda non nos dixo que sala ocuparemos nin tampouco sabemos se nos permitirán desconectarvos. ESTADE PENDENTES DE CALQUERA DELEGADO/A SE TEDES DÚBIDAS. Se queredes falar con nós, non tedes máis que enviarnos un correo co voso número de teléfono (cig-unisono@gmail.com). ÁNIMO: CO ESFORZO, COA LOITA E COA ORGANIZACIÓN PRECISA, PODEMOS CONSEGUILO!! SE QUEREN PECHAR O CENTRO, HALLES DE CUSTAR TRABALLO!!. VIGO NON PODE SOPORTAR MÁIS PARADAS/OS!!!

Sem comentários: