22.4.13

O BNG interpela ao Goberno galego a respecto da destrución de 97 empregos en Unísono Vigo

Desde a sección da CIG agradecemos enormemente que o BNG levase a nosa voz ata o Parlamento de Galiza. Feijóo ten que escoitar que en Unísono Vigo se están destruíndo 97 postos de traballo e que o goberno tamén é responsable do futuro das traballadoras/es afectadas/os. Lembrade que o segundo centro se abriu grazas a unha subvención do IGAPE, e que agora o mínimo que ten que facer a Xunta é defender de xeito efectivo os nosos dereitos laborais. De non ser así (e sen que nos resulte raro), o PP seguirá a demostrar que o seu é un goberno de ricos e para ricos e que tanto lle teñen as cifras do paro que se sitúan en arredor de 300.000 no noso país. Desde esta sección facemos un chamamento ós restantes grupos parlamentares para que se sumen á iniciativa do Bloque. http://www.sermosgaliza.com/artigo/economia/o-bng-interpela-ao-goberno-galego-a-respecto-da-destrucion-de-97-empregos-en-unisono-vigo/20130419174536013905.html

Sem comentários: