Chegadas estas datas queremos achegarvos o noso balance sindical deste ano pasado. Durante 2012, coma sempre, caracterizámonos por ser proactivos/as, por tratar de adiantarnos aos problemas, por intentar manter vías de diálogo estables coa empresa e coas restantes seccións para lograr chegar ao noso obxectivo.
O noso obxectivo non é outro que o mantemento dos postos de traballo en Vigo. Se botamos un ollo ao pasado, vemos que o plantel é moi fluctuante. En setembro de 2011, cando aínda non aparecera Goltv e agonizabamos cun ERE recén materializado, o plantel de Vigo erade 520 axentes. Na actualidade esa cifra mantense (arredor de 550), aínda que tivemos períodos, como en setembro de 2012, nos que chegamos a ser arredor de 700.
Valoramos positivamente a apertura da campaña de ING, que está dando traballo a 80 persoas aproximadamente, pero iso non é suficiente. Precisamos máis carga de traballo para Vigo. En xuño de 2010 o plantel de Vigo ascendía a arredor de 1.000 postos. Dous anos despois, somos a metade. QUEREMOS RECUPERAR ESA CIFRA. Sabemos que é posible porque a facturación de Unísono se mantén. Debemos esixir responsabilidades.
Non podemos permitir estar suxeitos á vontade dunha dirección que se está enriquecendeo ata o aburrimento grazas a nós. Unísono, no canto de preocuparse polo benestar dos que lles damos de comer, só se preocupa das súas cotas de mercado. Dende setembro deixou de ser Unísono Soluciones de Negocio. Agora é Unísono Bussiness Solutions (de chiste).
Queremos máis postos, e de calidade. Botamos moi en falta a formación (demandada por nós ata a saciedade ante a empresa).
Precisamos maior estabilidade. Todos/as entendemos a importancia dos tempos en telemárketing, pero en ocasións a presión polo aht ou polos retrasos é abusiva (Grazas ás nosas xestións e atendendo as vosas queixas, conseguimos por exemplo evitar os descontos en nómina no mes de outubro). Queremos ampliar os acordos de conciliación familiar e laboral. Queremos máis cousas, pero estas que nomeamos son, en definitiva, só unhas poucas das que merecemos.
Non podemos esquecer as demandas individuais. Podemos decir que todos/as aqueles/as compañeiros/as que presentaron demanda xudicial con nós, tiveron unha sentenza favorable. Isto demostra que Unísono utiliza as leis que o estado dispón como arma branca, ó seu antollo. A situación agrávase, porque, aínda que sempre conseguimos a improcedencia, tras a reforma laboral, os compañeiros/as que demandan perden os salarios de tramitación. Non podemos consentir que isto siga ocorrendo, e nese sentido, a nosa actitude vai seguir sendo a do compromiso 100% coa nosa afiliación e cos traballadores/as en xeral.
Agardamos, pois que, se o ano 2012 estivo marcado polo ERE e pola firma deste Convenio, o 2013 sexa o ano dos acordos e das melloras. A nosa sección asume, un ano máis a responsabilidade da defensa activa do traballo en Vigo.
Sem comentários:
Enviar um comentário