9.5.12

CONCENTRACIÓNS EN DEMANDA DUN CONVENIO XUSTO PARA O TELEMÁRKETING!



O vindeiro día 11 de maio a CIG ten convocado concentracións na Coruña e Vigo diante dalgun dos maiores call centres para demandar un convenio xusto, fronte a un preacordo que conleva unha perda salarial de 596 euros en dous anos, pendentes da suba do IPC durante o resto da duración do mesmo, nun contexto de medre da facturación das empresas.

A CIG ten convocado concentracións díante de Eurocen (A Coruña) ás 11 da maña e diante de Bosch (no centro da Avda de Madrid en Vigo) ás 10:30 horas e en Unísono ás 11:30 horas.

As empresas incrementaron a súa facturación, nomeadamente na deslocalización onde tamén medrou o emprego. Non é un sector en crise e polo tanto o recorte de 596 euros nuns salarios máximos de 12.000 euros anuais non é de recibo, como tampouco é de recibo que nun marco de medre do desemprego as empresas de telemarketing e as empresas usuarias (nomeadamente de telecomunicacións e banca) continúen deslocalizando o emprego fra do Estado.

Ante esta situación pedimos que aqueles traballadores e traballadoras ás que lle coincidan as pausas pvd ou os descansos, participedes na mobilización para demandar un Convenio Xusto e cando menos a revisión dos nosos cativos salarios co IPC.

Sem comentários: