Marco do Convenio: Segundo os datos publicados pola propia patronal (estudo ACCE 2011), a crise non lle está afectando: a facturación medrou no ano 2011 e medrou tamén o volume de emprego. Tanto o medre da facturación coma o do emprego foi maior na deslocalización.
A facturación das empresas medrou tanto no Estado como fóra, malia que a facturación na deslocalización medra máis que no Estado. O emprego das empresas de telemárketing medrou un 9,3% no ano 2011 ata os 23.411 empregos... nas plataformas deslocalizadas. O 73% da carga de traballo das plataformas deslocalizadas responde a campañas orientadas á clientela do Estado español. Atención ao cliente e venda son as campañas con maior volume fóra do Estado.
Telecomunicacións co 77% e Banca co 14% son os sectores máis importantes na deslocalización.

Nun contexto de emerxencia polo desemprego, calquera acordo debería contemplar o retorno dos postos de traballo deslocalizados, uns e outros son defensores dun falso e rancio españolismo, son patriotas de papel.
5 anos de recorte salarial: Malia que as propias empresas recoñecen que non
sofren a crise, co preacordo os salarios medrarán por baixo do IPC durante toda a
vixencia do mesmo:
Ano IPC real Suba Convenio Perda Salarios
2010: 3% 0,5% 2,5%
2011: 2,4% 0,5% 1,9%
2012: 2%* 0,5% 1,5%
*Ano 2012 IPC estimado; en marzo pechou no 1,9%.
Ademais, este ano o goberno do PP acaba de aprobar unha suba da luz do 7% e do gas do 5%. Subiron tamén os impostos que pagamos os traballadores/as, en tanto o goberno aprobou unha amnistía fiscal para os defraudadores (sobre todo empresas). A perda de poder adquisitivo será maior.

Temporalidade: Polo RD 10/2010 e a posterior Lei 35/2010 a duración máxima dos contratos por Obra ou Servizo é de 3 anos. Dada a limitación legal da duración desta modalidade (a imperante no sector) o número de indefinidos superará o 40% na maior parte das plataformas. No Preacordo amplían a duración máxima dos contratos por Obra ata os 4 anos, permitindo unha maior temporalidade.
Non é un avance, é un retroceso.
Non é un avance, é un retroceso.
Sem comentários:
Enviar um comentário