Partiamos dun ERE extintivo que ía afectar a 151 persoas, que ían cobrar de indemnización 20 días por ano e un paro dun 70%.
Conseguimos o seguinte:
Os criterios a seguir serán os seguintes:
Veranse excluídas aquelas persoas que sexan imprescindibles para a viabilidade dunha campaña (ventas, idiomas, viabilidade do servizo e quendas); a partir de aí, o criterio a seguir será o da antigüidade (de menor a maior), e, en igualdade de condicións, teranse en conta as cargas familiares (no caso de existir unha parella con cargas familiares, estas serán atribuídas só a un dos membros) e tamén ter unha idade superior ós 55 anos. Os criterios para valorar os coordinadores e supervisores están por decidir pola parte da Empresa, pero estarán supervisados pola comisión de seguemento.
Haberá baixas incentivadas con 28 días por ano traballado (prazo: ata o 28 de xuño).
Crearanse dúas comisións de seguemento: unha para regular o ERE e outra para regular as formacións.
Mañá a CIG, como así o decidiu a asemblea de traballadores por maioría (212 votos a favor, 12 en contra, 45 abstencións), firmará un acordo, nestas condicións.
Sem comentários:
Enviar um comentário