9.10.09

Campaña Iberdrola

Dende a Sección Sindical da CIG en Unísono vimos detectando que na campaña de Iberdrola, fanse dous tipos de contratación distintos: “Por obra ou servizo determinado” e “Contratación eventual por circunstancias da produción”.

Esta é unha maneira de que a empresa poda despedir á xente con máis facilidade e de forma máis barata coa que non estamos de acordo, xa que están botando á rúa a traballadoras/es que entraron ao mesmo tempo que o persoal que ten contratos por obra, e está cubrindo os mesmos postos con novos contratos eventuais.

Falaremos coa empresa na procura de vías para evitar este tipo de actuacións, utilizando para elo os recursos que teñamos ao noso alcance.

Ademais do anterior, queremos que saibades que as delegadas da CIG en Unísono estamos á vosa disposición para acompañarvos a RRHH a buscar os vosos finiquitos, para asesorarvos no que necesitedes. Tedes dereito á presenza dun/dunha representante sindical para esas situacións.

Se non queredes facer uso deste dereito, recomendámosvos que asinedes Recibido e Non conforme nos documentos que vos entregue a empresa, xa que temos coñecemento a través de varios dos traballadores e traballadoras con contrato eventual xa finalizado, que no finiquito do seu despedimento cometéronse varias irregularidades como a falta de pago das vacacións correspondentes ou a indemnización por fin de contrato.

Vigo, 2 de outubro de 2009

Sem comentários: