
Durante este ano 2008 houbo meses nos que a empresa Orange tivo mais baixas que altas de clientes, ante esta situación reaccionou dándolle un novo pulo ao seu plan para reducir custes optando por incrementar o proceso de deslocalización.
Os servizos de atención ao cliente das empresas de telecomunicacións levan tempo deslocalizandose cara a países de América latina, un proceso no que as contratas españolas de telemárketing non perden, xa que a maior parte dos centros de chamadas cara os que se deslocaliza o traballo son filiais de empresas do estado español. Os únicos que perden neste proceso son os traballadores e traballadoras do Estado que perden o seu posto de traballo.
Unísono é un claro exemplo desta situación, Orange segue sendo o seu cliente, pero en Chile. As únicas perdedoras son as 45 persoas que foron despedidas este mes en Vigo.
Para a deslocalización dos servizos de atención é preciso que as empresas de telemárketing transfiran aos países de América Latina os datos dos clientes de Orange no estado español. Transferencias que foron aprobadas pola Axencia Estatal de Proteccións de Datos malia os recursos presentados pola CIG.
Sem comentários:
Enviar um comentário